Colectivo
Técnico Mixta
Maite Meixide, Yolanda Carbajales, Ana Barbará, Leonardo Rial, Andrés Conde e Antonio Pedreira.
O grupo denominado "Técnica Mixta" está composto por seis artistas que teñen un nexo común, a súa dedicación, case exclusiva, ao gravado. Agás un deles, A. Conde, consagrado dende hai tempo á escultura.
Yolanda Carbajales centra a súa actividade na técnica denominada "mezzotinta", coñecida tamén como "maneira negra", na que se converteu nunha sobranceira experta, de notable prestixio dentro e fóra do noso país.
Maite Meixide, amais do gravado propiamente dito, realiza "collages" cunha gran pericia e unha entrañable sensibilidade coas que logra transmitir un notable sentido da estética.
Ana Barbará emprega unha pluralidade de técnicas como son a augaforte, a punta seca, o carborundo, o gravado ao linóleo etc. nas que demostraunha grande habilidade que sabe logo contaxiar ao seu alumnado de arte.
Leonardo Rial, tamén entusiasta profesor, amosa preferencia pola colografía e diversas técnicas aditivas.
Andrés Conde, notable gravador, centra dende hai tempo a súa actividade artística na escultura.
Antonio Pedreira revela unha marcada preferencia pola xilografía ou gravado en madeira.
Agardamos que esta mostra expositiva sirva para que a modalidade artística do gravado, con múltiples e ben demostradas posibilidades no eido da arte, sexa mellor coñecida e, por conseguinte, se cabe, mellor valorada e apreciada.