top of page

Encantado, Galicia 

Kirk 

​Del 12 de marzo al 30 de abril del 2026

foto Kirk_edited.jpg

@krerkodile

Por veces temos paraísos diante do nós, mais que están ocultos para os nosos ollos. Por veces fai falla que unha curiosa ollada vida de lonxe nos faga deixar de mirar só, para comezarmos a ver, a contemplar, a apreciar.

Esta exposición convídanos a percorrer e redescubrir Galicia ao través do ollar do artista: Krerkkrai Songin, chamado Kirk en Europa, biólogo mariño de profesión e pintor autodidacta de corazón. Chegou a Vigo da súa Tailandia natal no tumultuoso  ano 2020 para realizar o seu doutoramento, sen saber practicamente nada desta terra, polo que decidiu iniciar unha viaxe paralela á académica: pór remedio á súa ignorancia sobre este marabilloso país. Así naceu este proxecto.

 

Desde a súa chegada, Galicia converteuse nunha fonte inesgotable de inspiración. A súa natureza, a súa cultura única e a súa xente, impulsaron a Kirk a percorrer o territorio, cámara en man, recompilando impresións visuais que máis tarde transformaría en pintura. A través da impredicibilidade e fluidez da acuarela, o artista interpreta os lugares que o engaiolaron, deténdose nos detalles, nas atmosferas e nas emocións.

 

ENCANTADO, GALICIA é unha ollada sincera e agradecida: unha homenaxe á terra que lle deu un novo lar, unha nova vida e un novo amor.

Montefero 60x40cm.jpg

 

Ezaro 60x40cm.jpg
bottom of page